Saltar ao contido

A súa organización

A súa organización decidiu poñer á súa disposición a ferramenta de comunicación SpeakUp®, desenvolvida por People Intouch B.V. («nós», «o/a noso/a», «os/as nosos/as»).

People Intouch B.V. ten a súa sede nos Países Baixos, na Unión Europea (UE), e é por iso polo que estamos comprometidos co RXPD da UE (Regulamento Xeral de Protección de Datos), que é un dos regulamentos de protección de datos máis garantistas do mundo.

Esta declaración de privacidade aplicaráselle sempre que use SpeakUp® para comunicarse coa súa organización.

Sobre SpeakUp®

Grazas a SpeakUp®, poderá deixar un informe ou iniciar, de forma segura, unha conversa coa súa organización, sempre dentro do sistema SpeakUp®

A súa organización é a responsable do tratamento dos seus datos persoais a través de SpeakUp®. Se ten algunha dúbida relacionada con SpeakUp® ou con como se tratan os seus datos persoais, póñase en contacto coa súa organización ou consulte a política de SpeakUp ou a política de privacidade. People Intouch é a encargada do tratamento dos datos e tomamos este aspecto moi en serio. Isto significa que lle proporcionaremos sempre unha forma segura para se comunicar coa súa organización.

Impórtanos a súa privacidade. Queremos que se sinta seguro ao utilizar SpeakUp® e, por iso, informámolo sobre o seguinte:

Información de carácter confidencial

SpeakUp® comprométese a non comunicar datos persoais confidenciais, como a raza, datos sanitarios, opinións políticas, crenzas filosóficas (relixiosas ou ateas, etc.), orientación sexual ou antecedentes legais. Pregámoslle que teña isto en conta cando use SpeakUp®.

Menores de idade

Se é menor de idade, a súa organización necesitará obter o consentimento dos seus pais ou titores legais para que poida usar SpeakUp®, sempre que así se esixa legalmente.

Como funciona

Que ocorre ao deixar un informe a través de SpeakUp®?

O contido do informe compártese coa súa organización e só se empregará e procesará para os fins para os que a organización concibiu o uso de SpeakUp®. Os informes compártense sempre coa súa organización por escrito. Os informes en formato de audio transcríbense antes de se compartiren e posteriormente elimínase o ficheiro de audio. Pode activar as notificacións de correo ou as notificacións push para SpeakUp®. Pode desactivar as notificacións push da aplicación móbil de SpeakUp® nos axustes do seu dispositivo. Para máis información sobre o que ocorre ao compartir un informe a través de SpeakUp®, consulte a política de SpeakUp ou a política de privacidade da súa organización.

Anonimización

Ao compartir un informe a través de SpeakUp®, pode optar por revelarlle a súa identidade á organización ou permanecer no anonimato. Se, canda o seu informe, achegase datos de carácter persoal, estes serán procesados pola súa organización ao xestionalo.

Por que se procesan datos persoais ao utilizar SpeakUp®?

É necesario procesar datos persoais a través SpeakUp® polas seguintes razóns:

Que tipo de datos se procesan?

Certos datos proporcionados por vostede recompílanse automaticamente ao utilizar SpeakUp® e non se compartirán coa súa organización. Estes datos procésanse para proporcionarlle todas as funcionalidades de SpeakUp®, para fins de autenticación, para fins de notificación (se as tivese activadas; por exemplo, o seu enderezo de correo electrónico), para establecer unha conexión segura co seu dispositivo e para previr e detectar ameazas de seguridade ou outras actividades maliciosas. Esta información nunca se utilizará para ningún outro fin e só se conservará o tempo que sexa necesario para a finalidade prevista, salvo que este período se prorrogue por un acto comprobado de actividade maliciosa.

Seguridade dos datos

People Intouch adoptou todas as medidas necesarias para evitar a perda, o mal uso ou a alteración dos seus datos persoais. Cando se transmiten a través da web e da aplicación móbil SpeakUp®, cífranse todos os datos. 

Cookies

Para proporcionarlle unha comunicación segura ao visitar a web de SpeakUp®, utilízanse cookies de sesión. Estas cookies de sesión elimínanse transcorridas dúas (2) horas. Pode utilizar os axustes do seu navegador para eliminar, desactivar ou bloquear cookies.

Modificacións

People Intouch desexa mantelo informado da mellor maneira posible e, de cando en vez, pode cambiar ou modificar esta declaración de privacidade.

Cales son os seus dereitos?

A súa organización é responsable do tratamento dos seus datos persoais e de garantir os seus dereitos que se derivan das leis de protección de datos aplicables. Para máis información sobre o tratamento dos seus datos persoais por parte da súa organización e sobre os seus dereitos de protección de datos, consulte a política de SpeakUp ou a política de privacidade da súa organización.

Última modificación: 12 de xullo de 2022

***